Sobreira de Santiorxo
A Sobreira ( Quercus suber L.) é unha árbore propia das zonas mediterráneas que se distingue doutras árbores por ter unha cortiza grosa, agretada e esponxosa, que o protexe dos incendios: o corcho.
As follas, que semellan ser de coiro, teñen cor verde oscuro no haz, e grisáceo no énves, e os bordos ondulados e algo pinchos. Estas árbores poderían chegar ata os 25 m. de altura, e ter un porte moi esbelto, se non se podaran. A poda fai que as pólas medren torcidas e formen copas extendidas.
O seu froito é unha landra que madura durante o outono e parte do inverno, e serve de alimento o gando. A madeira é dura, sendo utilizada noutros tempos para a contrucción naval, de toneis, carbón vexetal e ferramentas. O producto máis importante que dela se aproveita é o corcho, que se lle arrinca cada 9 ou 10 anos, quedando o tronco dunha cor amarela que deseguida pasa a vermello e co tempo ennegrece.
Dáse en terreos principalmente silíceos, permeables, moi iluminados e abrigados (especialmente nas zonas baixas dos vales). Necesita dun clima mediterráneo con veraos secos e cálidos, e invernos suaves e chuviosos, sen xeadas. En condicións boas poden chegar a vivir 500 anos.
As sobreiras esténdense pola mitade occidental do Mediterráneo (europeo e africano). Na Península Ibérica hai grandes masas en Gerona, Barcelona, Castellón, Murcia, Cádiz, Extemadura, Centro e Sur de Portugal, Asturias, Pais Vasco... En Galicia encóntranse principalmente nas rías .
As terras de Brollón contabilizan un bó número de exemplares.
Sobreira de Santiorxo Esta árbore varias veces centenaria, un regalo para os sentidos, ten un diámetro de case 3 m. e un perímetro de 10,80 m. (a 125 cm. do chan). As abraiantes dimensións do tronco deste exemplar son consecuencia dunha enfermidade que a atinxe, facendo que o tronco se fure polo medio. Outra sobreira centenaria encóntrase a 70 m. ó nacente desta.