Fondo cabecera Concello de A Pobra do Brollón

Parroquias

Parroquias

Abrence, San Xoán de

138 habitantes. Lugares: A Casanova, A Encrucillada, A Estación, Fondo de Vila, A Fonte, A Frieira, Golmar, O Souto,O Val, A Pereira

Barxa de Lor, Santa Mariña de

50 habitantes. Lugares: Barxa, A Carballeira, O Castro, A Labrada, A Lama, A Marquesa, Peago, A Ponte.

Canedo, San Miguel de

85 habitantes.Lugares: Aldea de Abaixo, Aldea de Arriba, A Eirexe, A Ermida, A Fonte, A Presa, Quintairo, Telo. . A igrexa parroquial, de época neoclásica, ten nave rectangular, muros revestidos de cemento e tellado de lousa. A sancristía está adherida a un dos laterais da nave. No interior posúe un retablo do s.XVIII e varias imaxes dos s.XVI, XVII e XVIII.

Castroncelos, Santiago de

184 habitantes. Lugares: Castroncelos, O Empalme, A Estación, Martul, Outeiro, Piñeiros, Vilarmao. . A igrexa parroquial data de época medieval, sofrendo varias reformas posteriores. Conta cunha torre cadrada, con muros de lousa, e catro vans enmarcados por arcos.

Castrosante, Santa Mariña de

37 habitantes agrupados nas entidades de:Alto de Santa Lucía e Castrosante A igrexa parroquial data do s. XIX. Ten nave de pranta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. Nominterior conserva retablos con esculturas do s. XVIII

Cereixa, San Pedro de

175 habitantes. Lugares: A Albariza, Alende, As Areas, Cima de Vila, A Estación, O Falcón, A Ponte, Guntiñas, Nogueiras, Rairos, A Zapateira. .A igrexa parroquial ten nave de pranta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a duas augas con tellado de lousa. No interior conserva esculturas. Disquen esta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o Bispo de Lugo no s.XVI.

Eixón, San Xurxo de

85 habitantes. Lugares: Alende, Barrio de Arriba, A Lama, A Nogueira, O Porto, A Vila . A igrexa parroquial de época neoclásica ten unha nave de pranta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas e catro augas con tellado de lousa. Na fachada ten un fornelo coa imaxe de San Xurxo, unha ventá rectangular e está coroada por un frontón. Posúe tamén unha torre cadrada e conserva no interior retablos e esculturas do século XVIII

Ferreiros, San Salvador de

72 habitantes. Lugares: O Campo, Cima de Vila , Fondo de Vila, Forgas, A Lama, O Souto, A Veneira de Roques . Temos noticia documental da existencia desta parroquia no ano 1181 cando Elvira Fernández fai doazón dunha parte do mosteiro de Ferreiros á Orde Hospitalaria de San Xoán. A igrexa foi construída na segunda metade do s. XII, pero sofre importantes reformas posteriores. Ten nave de pranta rectangular, muros de sillería e cachotaría, cuberta a dúass augas con tellado de lousa. A fachada ten unha porta enmarcada por unha ventá rectangular. No interior conserva esculturas do s. XVIII e pinturas murais de fines dovs. XV e comezos do s. XVI.

Ferreirúa, A, San Martiño de

215 habitantes. Lugares: A Barxa, O Corral, A Ferreirúa de Abaixo, Marcón, Pacios de Veiga, O Pumar, Valdolide. Conta con igrexa parroquial, trátase dun edificio rectangular con muros de cachotaría. Foi reconstruída no s.XIX. No interior posúe retablo do s.XVII, e esculturas da mesma época de San Roque, San Bieito, San Ramón, San Sebastián, San Xoaquín, Santa Ana, San Antón de Padua, Santa Bárbara e Inmaculada

Fornelas, Santa Comba de

103 habitantes. Lugares: A Arcoia, O Campo, A Corredoira, O Fondón, Lugar de Abaixo, Lugar de Arriba, O Pumar.

Lamaigrexa, San Pedro de

138 habitantes. Lugares: Carril, Lamaigrexa, Martul de Alende, Recemunde, Tudriz, Vilar de Peras . Un documento do s. XIII fai referencia á existencia desta freguesía. O templo parroquial é do s.XVIII, ten una nave de pranta rectangular, muros de cachotaría e tellado de lousa. Sancristía adosada ao presbiterio. Torre de tres corpos. No interior atopamos retablos neoclásicos con esculturas.

Linares, San Cosme de

36 habitantes. Lugares: Covos, Guariz, Linares, Santiorxo . A igrexa parroquial foi construída no s. XVII, pero sofreu importantes reformas no s. XX. Ten dúas naves, muros de cachotaría e tellado de lousa. A fachada conta cunha porta enmarcada por arco de medio punto.A sancristía adosada ó presbiterio.No interior, o retablo maior data do s. XVIII, con esculturas do s. XVII e s. XVIII

Óutara, Santa María de

45 habitantes. Lugares: A Aira Vella, Biduedo, Bruñeira, O Couto, Óutara, Porvenza, O Pumar, A Rúa do Pozo. O topónimo de Ouctar aparece nun documento da catedral de Lugo do século XIII. Nos límites desta parroquia atopouse unha estatuilla romana.

Parada dos Montes, Santa Einés de

35 habitantes. Lugares: Couso, Parada dos Montes e Río de Bois. A igrexa parroquial data do século XV.

Pinel, Santa María de

32 habitantes. Lugares: Cabo, A Campaza, As Casas, A Eirexa, A Lama.

Piño, Santa María de

126 habitantes. Lugares: Corral da Gándara, O Lugar, O Pacio, Requeixo, Suhortos e Vales. Esta freguesía aparece citada en documentos do s.XII baixo o nome de "Ecclia Pinu, Sancta María". A igrexa parroquial data do s. XIX. Posúe uhna nave rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas. A fachada tiene una puerta adoelada, a sancristía atópase adosada ó presbiterio. Conta con retablos e esculturas no interior.

Pobra do Brollón, A, San Pedro de

284 habitantes. Lugares: Arribas, O Brollón, Fontela, A Pobra do Brollón, Santo Adrián . A antiga xurisdicción de A Pobra abranguía os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes, Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, Salcedo e Vales, ademáis dos térmos do coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A vila de A Pobra ostentou privilexios particulares otorgados polos reis Sancho ¿O Bravo¿ e Fernando ¿O Emperador¿.

Saa, Santa María de

153 habitantes. Lugares: O Barrio, O Busto, Castelán, Covadelas, Fondorallo, Lebrón, Lourente, Penadexo, A Pousa, Pradelas, Teixeira, Vilariño, O Viñal. A igrexa parroquial, construída a finais do s.XVI, ten na fachada unha porta enmarcada nun arco adoelado e cabido suxeito por columnas. A sancristía está adosada ó presbiterio. No interior posúe un retablo de liñas renacentistas e esculturas dos s. XVII e s. XVIII.

Salcedo, San Xoán de

202 habitantes. Lugares: Beirán, Domiz, O Pereiro e Salcedo. Conta con igrexa parroquial da segunda metade do s. XVIII, fortemente reformada posteriormente. Ten unha torre cadrada, adosada a un dos laterais da nave, cun fornelo que contén a imaxe de Santiago Peregrino.

Santalla de Rei

43 habitantes. Lugares: O Reguengo e A Ribeira.

Veiga, San Xián de

39 habitantes. Lugares: O Campo, Centeais, Cortiñas, Outeiro, Picáis, A Ponte, Vales . A igrexa parroquial data da segunda metade do s.XII. Posúe nave rectangular con muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. A sancristía adosada a un dos laterais da nave, e campanario con espadana de catro vans.No interior conserva retablos do s. XVIII e esculturas.

Vilachá, San Mamede de

92 habitantes. Lugares: A Abelaira, A Eirexa, Trasmonte, Vilachá . A igrexa de San Mamede de Vilachá foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía adosada ó presbiterio. Conta con retablos e esculturas no interior.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de A Pobra do Brollón
Concello de A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 430 001 / 639 79 49 05 | Fax: 982 430 361