Fondo cabecera Concello de A Pobra do Brollón

Bodegas de Vilachá

Adegas de Vilachá

Vilachá, a única parroquia da Pobra do Brollón lindante co Sil, onde ten gran importancia o cultivo do viñedo. Posúe a parroquia un conxunto destacado relacionado con este cultivo: é o das súas adegas. Éstas son moi antigas. Teñen muros de cachotaría (pedra irregular) e están cubertas a dúas augas con tellado de lousa. Hai un total de corenta e dúas adegas.

O viñedo desta parroquia está acollido á Denominación de Orixe da Ribeira Sacra e pertence á subzona Quiroga-Bibei. En Vilachá hai tres ribeiras: A de Eivedo, a dos Frades e a dos Lagares. As tres ribeiras e o paso encaixado do Sil ós pés desta parroquia pódense admirar dende un miradoiro acondicionado recentemente.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de A Pobra do Brollón
Concello de A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 430 001 / 639 79 49 05 | Fax: 982 430 361